A exposición da Rapa das Bestas continúa ata finais do verán

6/5/2026

GAL - A exposición dedicada á Rapa das Bestas da Capelada seguirá aberta ao público ata finais do verán debido á excelente acollida recibida por visitantes e veciñanza.

Durante estes meses, centos de persoas achegáronse ao Museo Terras de Cedeira para descubrir a historia, a tradición e o patrimonio cultural vinculados a unha das celebracións máis singulares da nosa comarca. Ademais, xa contamos coa fotografía favorita do público entre as imaxes expostas. A participación dos visitantes permitiu destacar unha instantánea que reflicte a forza, a emoción e a autenticidade desta tradición centenaria.

Agradecemos a todas as persoas que visitaron a mostra e participaron coa súa votación. Se aínda non a viches, tes unha nova oportunidade para achegarte ao museo e descubrir a exposición durante os próximos meses.

Agardámoste no Museo Terras de Cedeira para seguir celebrando unha tradición que forma parte da nosa identidade.

ESP - La exposición dedicada a la Rapa das Bestas da Capelada permanecerá abierta al público hasta finales del verano gracias a la excelente acogida recibida por visitantes y vecinos.

Durante estos meses, cientos de personas han visitado el Museo Terras de Cedeira para descubrir la historia, la tradición y el patrimonio cultural vinculados a una de las celebraciones más singulares de nuestra comarca.

Además, ya contamos con la fotografía favorita del público entre las imágenes expuestas. La participación de los visitantes ha permitido destacar una instantánea que refleja la fuerza, la emoción y la autenticidad de esta tradición centenaria. Queremos agradecer a todas las personas que han visitado la muestra y participado con su voto. Si todavía no la has visto, tendrás una nueva oportunidad para acercarte al museo y descubrir la exposición durante los próximos meses.

Te esperamos en el Museo Terras de Cedeira para seguir celebrando una tradición que forma parte de nuestra identidad.

EN - The exhibition dedicated to the Rapa das Bestas of A Capelada will remain open until the end of summer due to its outstanding success among visitors and local residents. Over the past months, hundreds of people have visited the Terras de Cedeira Museum to discover the history, traditions and cultural heritage linked to one of the most unique celebrations in the region.

We are also pleased to announce that visitors have chosen their favourite photograph from the exhibition. Public participation has highlighted an image that captures the strength, emotion and authenticity of this centuries-old tradition. We would like to thank everyone who visited the exhibition and took part in the vote. If you have not yet visited, you now have a new opportunity to enjoy the exhibition throughout the coming months.

We look forward to welcoming you to the Terras de Cedeira Museum to continue celebrating a tradition that remains an essential part of our cultural identity.

CONTACTO:

981 48 21 87 museoterrasdecedeira@gmail.com

© 2026. Todos os dereitos reservados

Avenida de Castelao, 18 . Palacete Municipal - Oficina de Turismo de Cedeira