Formación sobre Redes Sociais no Museo Terras de Cedeira
5/16/2026
O museo Terras de Cedeira acolleu unha xornada formativa centrada no uso das redes sociais como ferramenta para dar visibilidade á Rapa das Bestas da Capelada e ao patrimonio cultural da comarca, da man de Sonia Vilar Soto, experta en redes sociais, e os fotógrafos Jaro e David.
Durante a actividade falouse da importancia de crear contidos auténticos, compartir a tradición con respecto e aproveitar o potencial das plataformas dixitais para atraer visitantes e fortalecer a identidade local. Fotografías, vídeos curtos e historias vinculadas aos cabalos, á serra e aos oficios tradicionais foron algúns dos temas tratados.
A iniciativa buscou achegar novas ferramentas de comunicación a asociacións, veciñanza e persoas vinculadas á cultura e ao turismo local, demostrando que tradición e innovación poden camiñar da man.
El Museo Terras de Cedeira acogió una jornada formativa centrada en el uso de las redes sociales como herramienta para dar visibilidad a la Rapa das Bestas da Capelada y al patrimonio cultural de la comarca.
Durante la actividad se habló de la importancia de crear contenidos auténticos, compartir la tradición con respeto y aprovechar el potencial de las plataformas digitales para atraer visitantes y reforzar la identidad local. Fotografías, vídeos cortos e historias vinculadas a los caballos, la sierra y los oficios tradicionales fueron algunos de los temas tratados.
La iniciativa buscó acercar nuevas herramientas de comunicación a asociaciones, vecinos y personas vinculadas a la cultura y al turismo local, demostrando que tradición e innovación pueden caminar de la mano.



CONTACTO:
981 48 21 87 museoterrasdecedeira@gmail.com
© 2026. Todos os dereitos reservados
Avenida de Castelao, 18 . Palacete Municipal - Oficina de Turismo de Cedeira




