CEDEIRA DE CINE: RAPA
QUERES COÑECER AS UBICACIÓNS NO MAPA?


*Esta información pode conter spoilers, polo que non leas máis do que che gustaría descubrir (aínda que intentamos facelo coa maior discreción posible).
RAPA, a serie orixinal de Movistar Plus+, converteu Cedeira e o Xeoparque do Cabo Ortegal en protagonistas da súa historia.
Agora podes percorrer os lugares onde Maite e Tomás viviron as súas investigacións e descubrir como a paisaxe real se transformou en escenario de ficción. Rúas, prazas, paisaxes, cantís e espazos emblemáticos forman parte deste particular mapa cinematográfico. Descúbreos!


¿QUÉ ESCONDE CADA ESCENARIO?
O Palacete Municipal é o punto de inicio desta experiencia cinematográfica por Cedeira e sede do Museo Terras de Cedeira. Na serie RAPA, este edificio convértese no cuartel da Garda Civil, coas oficinas centrais e de atención na planta baixa e a zona de investigación policial na planta alta.
O Polideportivo Municipal é o escenario no que se desenvolve un dos partidos de fútbol sala durante a primeira tempada, aínda que a estética exterior que se amosa na serie non se corresponde con este polideportivo, senón co colexio real de Cedeira.
A antiga Ponte do Puntal é o punto no que Tomás recolle auga para un caldeiro ao inicio da serie, tras o asasinato da alcaldesa de Cedeira.
As Dunas de Cedeira son testemuña dun suceso que acontece na primeira tempada, cando unha corredora descobre un home tirado no chan.
A Praia de Cedeira está presente en diferentes momentos da serie, tanto como espazo visual como escenario de varias accións, entre elas o suceso número 4. Atópase moi preto de lugares destacados como o colexio, a clínica de fisioterapia ou o hospital.
O instituto é un dos escenarios principais da serie. Trátase do IES Ría de Cedeira, onde traballa Tomás. As aulas nas que imparte clase o profesor correspóndense coas deste mesmo edificio.
O Colexio do Areal está moi preto do edificio anterior e na serie convértese no hospital, presente xa desde os primeiros momentos da trama co asasinato da alcaldesa.
A Ponte Nova de Cedeira aparece en diferentes momentos ao longo da serie e funciona como punto de tránsito. A súa céntrica situación convértea nun escenario habitual, xa que se atopa preto da clínica de fisioterapia, do bar e do propio colexio.
A Ponte Vella de Cedeira tamén forma parte dos escenarios exteriores da serie e comparte protagonismo coa anterior pola súa céntrica localización.
A Costa de Cedeira aparece ao longo da serie e cobra especial protagonismo cando se levan a cabo diferentes negociacións nunha contorna illada e solitaria. Principalmente, os cantís de Santo André de Teixido e a Garita de Herbeira adquiren protagonismo desde o mar, coas vistas desde a lancha de recreo.
Na Confraría de Pescadores sitúase un dos restaurantes aos que Maite acode a cear durante a investigación. Ademais, a súa zona exterior convértese en escenario de diálogo e reflexión nalgún momento da primeira tempada.
O Porto de Cedeira cobra protagonismo durante a manifestación dos mariñeiros da zona e tamén a través das gravacións relacionadas coa investigación da alcaldesa.
O Paseo da Mariña é punto de encontro entre os personaxes ao longo da serie.
O Cemiterio Municipal mantén tamén a súa función de cemiterio na serie RAPA e está presente en momentos como o enterro, a investigación e mesmo en conversas entre os personaxes.
O miradoiro de San Antonio do Corveiro convértese no punto de encontro da Romería de Castro, onde Tomás e Maite conversan e observan o océano Atlántico xunto ao coñecido cruceiro e á ermida.
A Praza da Reitoral dá vida ao Bar de Cosme e tamén ao tanatorio da vila. Ademais, aparece como escenario noutras escenas da serie.
A tenda de alimentación, ou ultramarinos, aparece desde o inicio da serie como punto de compra para Maite, onde recibe o aviso do asasinato.
A Biblioteca Municipal é un dos edificios destacados da serie e o lugar no que se sitúa o velorio.
No Bar Pinzón ten lugar outro dos sucesos principais da trama, no que intervén Paquita cunha arma.
A Fonte das Saíñas aparece na serie coa gran casa branca situada neste lugar, un dos puntos nos que se desenvolve a trama.
A Serra da Capelada é un dos escenarios máis destacados e protagonistas da serie, en pleno Xeoparque do Cabo Ortegal. A Garita de Herbeira, cos seus máis de 600 metros de altitude sobre o nivel do mar, non só ofrece unha viaxe ao interior do planeta, senón tamén unha viaxe ao fío condutor da primeira tempada de RAPA. Ademais, nestas montañas atópase o Curro da Capelada, lugar no que se celebra a Rapa, tradición que dá nome á serie.
CONTACTO:
981 48 21 87 museoterrasdecedeira@gmail.com
© 2026. Todos os dereitos reservados
Avenida de Castelao, 18 . Palacete Municipal - Oficina de Turismo de Cedeira




